O PROXECTO É UN DOS PUNTOS INCLUÍDOS POLO BNG NO ACORDO DE INVESTIDURA
Un día histórico para Soutomaior: Concello e Ministerio de Transportes e Mobilidade acordan lanzar o proxecto de humanización da Avenida Castelao
Soutomaior, 10 de outubro de 2024. Esta mañá, o alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, mantivo en Madrid, no Ministerio de Transporte e Mobilidade unha reunión con director xeral de Carreteras, Juan Pedro Fernández Palomino, para abordar a situación na nacional 550 ao seu paso por Arcade. Na reunión estiveron presentes o alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, o concelleiro de Infrastructuras, Pablo Garrido e o equipo redactor de Enurcoin, Enrique Urcola, por parte de la Dirección Xderal estivo o director general de Carreteras, Juan Pedro Fernández Palomino, o xefe da demarcación de estradas de Galiza, Ángel González del Río e o xefe da unidade de estradas do Estado en Pontevedra, Pablo Domínguez Gómez.
Na reunión, que tivo como obxectivo abordar a situación da nacional 550 ao seu paso por Arcade, o goberno municipal de Soutomaior presentou unha proposta de humanización e rexeneración urbana redactada por Enurcoin.
Manu Lourenzo agradeceu a boa acollida por parte do Ministerio da proposta presentada así como o traballo realizado polo equipo redactor desta humanización da avenida Castelao (Nacional 550). Un traballo que “foi determinante á hora de presentar a proposta”.
O director xeral de Estradas valorou de maneira positiva esta proposta e acordaron lanzar o proxecto de humanización deste trazado, o que supón un paso de xigante para a transformación urbana de Soutomaior e a partir deste momento se inicia un proxecto que haberá que axustar e negociar as intervencións propostas para adquirir melloras e a viabilidade deste proxecto.
O alcalde sinalou que “estamos ante un día moi importante para o futuro de Soutomaior, o inicio deste proxecto é unha das mellores novas para Soutomaior das últimas décadas. A partir de agora iníciase un proxecto complexo onde haberá que traballar man a man co Ministerio para conseguir estas melloras para Soutomaior. É un día histórico polo que implica a mobilidade, a vertebración e o futuro do noso concello”.
Compre lembrar que a mellora da mobilidade da avenida Castelao foi un dos puntos incluídos no acordo entre o BNG e o PSOE para a investidura do presidente do goberno do Estado.