A SENDA PERMANECERÁ UNS MESES PECHADA

O Concello de Pontevedra reparará por emerxencia o acceso ao bombeo do Lérez e reporá a senda fluvial

Visita acceso bombeo Monte Porreiro
Visita acceso bombeo Monte Porreiro
O Concello de Pontevedra reparará por emerxencia o acceso ao bombeo do Lérez e reporá a senda fluvial

Pontevedra, 27 de setembro de 2024. O concelleiro de Servizos Urbanos Básicos, Xaquín Moreda visitou en compañía dos técnicos municipais o derrube da estrada que une o barrio de Monte Porreiro coa estación de bombeo de auga potábel no río Lérez a consecuencia do temporal desta semana. Este derrube ocasionou a caída dun gran noiro sobre a senda o Lérez, e incluso, sobre o propio río. Tanto a estrada afectada como a senda permanecen pechadas para evitar posibles danos persoais. 

O concelleiro explicou que "hai que facer unha obra de emerxencia para restituír o paso da senda do Lérez, que é o moi utilizado por toda a cidadanía, e tamén para dar de acceso á estación de bombeo". Indicou que "un dos problemas graves deste desprendemento é por ese vial vai unha tubaxe de 500 de auga potábel  que abastece á cidade". Ante esta situación, o concelleiro adiantou que hai que consolidar o terreo "para que non siga caíndo". 

Aínda que a actuación se fará "o máis rápido posíbel", Xaquín Moreda adiantou que estará uns meses pechado porque, cando menos, hai que facer un estudo xeotécnico do terreo xa que neste punto xa se fixera unha reparación anos atrás co resultado actual, e tamén será preciso facer, polo menos, un muro de contención. 

O Concello de Pontevedra reparará por emerxencia o acceso ao bombeo do Lérez e reporá a senda fluvial