CONSTRUIRASE UNHA PRAZA PÚBLICA

O Concello de Pontevedra aproba a licenza de demolición dos catro chalés en ruína situados en Mollavao

O Concello de Pontevedra aproba a licenza de demolición dos catro chalés en ruína situados en Mollavao

Pontevedra, 11 de decembro de 2025. O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, informou da concesión da licenza de demolición para catro chalés situados na rúa Rosalía de Castro, como parte do convenio de colaboración co INVIED (Instituto de Vivenda, Infraestructura e Equipamento da Defensa). 

Estes catro chalés, situados en Mollavao fronte ou perto to do colexio Elcano, atópanse en ruína e a concesión da licenza, dentro do marco do convenio co INVIED, permitirá o desenvolvemento deste espazo e a permeabilización da mobilidade peonil. 

Unha vez demolidos os chalés, o espazo que ocupan será baleirado para crear unha unha praza pública. A demolición tamén permitirá abrir toda a zona cara a un patio interior que comunica coa rúa Manuel del Palacio. 

Posteriormente á demolición, prevese que se solicite licenza para a construción dunha nova edificación no lugar. Esta construción serviría para tapar a medianeira alta dos edificios existentes en Rosalía de Castro, empregando para iso a edificabilidade equivalente á que tiñan os chalés. O obxectivo é integrar a nova edificación coa rúa Rosalía de Castro e co interior do patio das vivendas militares. 

O alcalde subliñou que o Concello de Pontevedra lle solicitou ao Ministerio de Vivenda que esa edificabilidade se poida dedicar a vivendas de promoción pública a prezo taxado. Esta demanda do Concello procuraría aumentar as vivendas de protección pública na cidade para axudar a resolver o déficit habitacional. 

O Concello de Pontevedra aproba a licenza de demolición dos catro chalés en ruína situados en Mollavao