Concello e Deputación de Pontevedra asinan un protocolo de colaboración pola celebración da gala dos Feroz 2025-2026

Sinatura Feroz
Sinatura Feroz
Concello e Deputación de Pontevedra asinan un protocolo de colaboración pola celebración da gala dos Feroz 2025-2026

Pontevedra, 15 de decembro de 2025, O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López Lugués, asinaron esta maña de luns, 15 de decembro, o protocolo de colaboración institucional destinado a apoiar a celebración d gala dos Premios Feroz na capital do Lérez. Trátase dun acordo presentado como como unha “nova mostra de colaboración institucional no fondo e nas formas”, que procura situar a Pontevedra na élite dos mapas culturais. 

O protocolo establece unha achega económica da Deputación de 300.000 euros, e, tal e como sinalou o presidente provincial, “non será a última colaboración” deste tipo entre a DEPO e o Concello. 

Pola súa banda, o rexedor incidiu na importancia cultural evidente dos Feroz, ao tratarse dun evento que supera calquera barreira xeográfica local ou galega, situándose como un auténtico exercicio de promoción da cidade, da economía e da cultura pontevedresa en todo o Estado, poñendo á cidade como capital do audiovisual. “Cremos que é necesario, se non imprescindible, que a Deputación colabore neste tipo de eventos”, indicou. “Este é o camiño, asinar convenios e protocolos nesta liña, e polo tanto, eu, animo ao presidente a que siga nesta camiño de cara ao futuro”. 

Ambos os dous líderes institucionais subliñaron o seu compromiso por seguir formalizando novos acordos que beneficien á cidade no futuro próximo. 

Concello e Deputación de Pontevedra asinan un protocolo de colaboración pola celebración da gala dos Feroz 2025-2026