Co galego no corazón, facemos revolución
Pontevedra, 22 de maio de 2026. A gran festa do Correlingua reuniu este xoves en Pontevedra a alumnado dunha vintena de centros educativos da comarca para reivindicar o uso do galego.
A cita, enmarcada na 26ª edición desta iniciativa que percorre o noso país durante o mes de maio, arrincou no Palco da Música da Alameda coa benvida do músico e regueifeiro Luís 'O Caruncho', encargado de conducir un programa no que non faltaron a música, unha marcha pola cidade e a lectura dun manifesto colectivo en defensa do galego, elaborado polo alumnado de diversos centros educativos.
O alcalde de Pontevedra que participou na entrega dos diplomas animou aos nenos e nenas a "gozar da nosa lingua, unha lingua marabillosa que serve para todo: para xogar, cantar, bailar ou falar con amigos e familia”, animándoas a utilizala en todos os ámbitos da vida.
A iniciativa, organizada por CIG-Ensino coa colaboración da Mesa pola Normalización Lingüística e a Asociación Socio Pedagóxica Galega (AS-PG), pechará o seu percorrido por Galiza o 27 de maio en Lugo.