Luz verde á aprobación inicial do Ecoparque empresarial da Montesiña

terreos do ecoparque empresarial
terreos do ecoparque empresarial
Luz verde á aprobación inicial do Ecoparque empresarial da Montesiña

Soutomaior, 22 de maio de 2026. Coa autorización ambiental da Xunta o concello de Soutomaior dá un paso máis no Ecoparque Empresarial da Montesiña, un dos proxectos máis ambiciosos do concello de Soutomaior, e que vai transformar a economía do concello dándolle soporte ás empresas e cubrindo unha alta demanda empresarial. 

A Montesiña, área de transición entre Arcade e Soutomaior, converterase, con este proxecto, nunha zona urbanizada. Dende o Goberno Local lembraron que o ecoparque empresarial vai a poder asumir a máis de 40 empresas. O alcalde Manu Lourenzo lembrou nesta xornada a alta demanda, xa que dende o momento que se anunciou este polígono o Goberno de Soutomaior está recibindo ofertas de moitas empresas interesadas en querer ubicarse en Soutomaior. 

O proxecto conta que xa contaba coa autorización ambiental da Xunta de Galiza e cunha batería de beneficios fiscais para todas aquelas empresas que se asenten no concello con bonificacións no IBI, IAE e ICIO, conta agora coa aprobación inicial do proxecto. 

Tal e como dixo o alcalde, Manu Lourenzo, “con esta aprobación inicial Soutomaior dá un paso de xigante no proxecto do ecoparque empresarial. Estamos a falar dun dos proxectos máis importantes para o concello de Soutomaior das últimas décadas, un proxecto que contará cunha infraestrutura moderna e ecolóxica”. 

Trátase, este ecoparque empresarial, dun proxecto que se vai a desenvolver por cooperación e que  axudará a vertebrar as dúas parroquias de Soutomaior, servindo de ponte entre elas e revalorizará o concello de Soutomaior. 

Luz verde á aprobación inicial do Ecoparque empresarial da Montesiña