A celebración este ano do campionato europeo de ciclocross, confirma a Pontevedra como un referente no mundo do deporte
O Campionato de Europa de Ciclocross que a cidade de Pontevedra acollerá este outono será o maior evento deportivo do municipio en 2024, cunha estimación duns 5.000 asistentes, sen contar as persoas que compitan na elite e nos grupos de idade.
A competición desenvolverase ao longo dos días 2 e 3 de novembro na Illa do Covo e suporá toda unha inxección de adrenalina, deporte e dinamismo para a cidade. O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores explicou que é unha cita á que virá moitísima xente, falamos de máis de 5.000 persoas para velo e na que competirá toda a elite e todos os grupos de idade. “Nunca se fixera un campionato de Europa no Estado español”, indicou o alcalde.
O luns 18 quedou constituido o comité organizador, conformado polo presidente da Real Federación Españoña de Ciclismo, José Luis López; o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz; e representantes das administracións encabezadas polo alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores.
Van ser catro días de competición onde van asistir 24 seleccións internacionais, e no que haberá tamén grupos de idade co participación de máis de 900 corredores.
O evento vai a ser retransmitido por televisión a moitos países, polo que o alcalde defendeu que "vai a ser un campionato importante, no que temos posta moita ilusión pola transcendencia que vai ter a todos os niveis”.
Gran Premio Cidade de Pontevedra de ciclismo feminino
Pontevedra vivirá o vindeiro 24 de marzo unha cita ineludíbel co ciclismo. O Gran Premio Cidade de Pontevedra será celebrado por todo o alto, ofrecendo quilómetros de alta competición.
O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, lembrou que o apoio institucional ao deporte femenino é unha obriga absoluta, máis aínda que se percibe o éxito que teñen este tipo de probas e de como esta disciplina deportiva continúa a gañar adeptas.
Puxo así en valor o auxe que vive o ciclismo na cidade de Pontevedra, e na inxente cantidade de probas que se foron realizando (e que se realizarán) nos últimos tempos, indicando o bo estado de saúde deste deporte e a capacidade da cidade para atraer e fidelizar a todos os participantes destas probas.
Galicia sportech Congress
O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, acompañado da edil de Deportes, Anabel Gulías, participou na presentación do Galicia Sportech Congress, cita que se celebrará na Faculdade de Ciencias da Educación e o Deporte da UVigo entre o 8 e o 10 de abril. A cuarta edición deste evento segue a configurarse a través de conferencias e clases maxistrais da man de pioneiros e persoas de relevancia no eido deportivo e na innovación dentro do mesmo.
O cofundador e promotor deste congreso, David Suárez, agradeceu a colaboración do Concello de Pontevedra á hora de traballar cóbado con cóbado na organización desta cita desde o minuto un.
O congreso xa é un referente estatal e internacional, participando máis de 500 persoas a nivel presencial e máis de dous milleiros a través da transmisión dixital, chegando a 12 países distintos. Máis de 40 empresas estarán presentes tamén e tocarán distintas temáticas deportivas ao igual que distintas disciplinas.
Doutra banda, o Director de Operacións do Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar, Jacobo López Pazos, subliñou que “é importante apoiar este tipo de iniciativas, xa consolidada neste caso, e que o compromiso do clúster é o de seguir apoiando, xuntando talento e aunando innovación e deporte”.
O alcalde indicou o importante que é para Pontevedra estar na vangarda de diferentes camposs, e que congresos coma o Galicia Sportech permite facer realidade e manter no tempo esa idea. “É importante estar neste evento, queremos agradecerlle á organización o seu labor á hora de poñer en marcha esta cita que xunta innovación, talento e deporte, e só podemos dicir que seguiremos apoiando este tipo de propostas xunto con outras de carácter deportivo que xa están fixadas no calendario deportivo e de ocio da cidade”, afirmou o alcalde.