O BNG reclama no Congreso a reanudación as obras de remodelación do Nó do Pino
A portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Olaia Fernández Davila, rexistrou unha iniciativa parlamentar na Cámara para demandar ao Ministerio de Fomento que se reanuden canto antes as obras de remodelación do Nó do Pino ao ritmo necesario que permita finalizar as actuacións.
A deputada do BNG sinala que a paralización dos traballos que se están a realizar na reforma do Nó do Pino (CN-550 e PO-10) desde outubro pasado, está a xerar unha grande preocupación na cidade debido á incertidume respeito ao remate das obras.
E o feito de que nas últimas semanas só se empezasen traballos menores fai pensar que é un simple lavado de cara, apunta Davila. A parlamentar nacionalista lembra que o parón nestas obras se debe a insolvencias económicas da empresa adxudicataria do contrato. Unhas obras que comezaron hai varios anos.
A Ministra de Fomento debe respostar
Davila subliña que a Ministra de Fomento se comprometeu con Pontevedra a axilizar esta infraestructura. É máis no pasado mes de novembro garantía a continuidade das obras e chegou a afirmar que se a empresa non se pode facer cargo das obras, será outra a que as faga.
Ademáis, Olaia Fernández Davila sinala que o retraso destas obras no Nó do Pino está a provocar importantes problemas de tráfico, agravándose a situación polo incremento de tráfico da AP-9 á N-550 debido ás elevadas peaxes. Así que por riba se está empiorando a seguridade vial na zona.
Para cando prevé o Goberno o remate das obras desta infraestructura? Procurou o Goberno solucións aos problemas suscitados pola empresa adxudicataria?, son algunhas das preguntas que a deputada do BNG dirixíu ao Ministerio.