Os servizos públicos, garantes dunha igualdade real
O BNG estivo presente na concentración convocada polas centrais sindicais en defensa dos servizos públicos e en contra dos recortes e dos despedimentos.
O portavoz nacional apoiou coa súa presenza a de Pontevedra. Guillerme Vázquez dixo que a defensa dos servizos públicos é a defensa dun modelo social que é xustamente o que está empeñado en destruír, en liquidar o PP.
O BNG defende un modelo económico e social que xire sobre os servizos públicos, "que é o que está empeñado en liquidar o PP"
O líder nacionalista lembrou que os servizos públicos son o único garante de igualdade no acceso a unha educación ou unha sanidade de calidade para todos e todas. Por iso, Guillerme fixo un chamamento a todos os galegos e galegas para que se posicionen no que cualificou de guerra de modelos e defendan o público, o que construímos entre todos e todas, fronte ao modelo do lucro e os privilexios que defende o PP.