SOLICITA A REACTIVACIÓN DA COMISIÓN DE SEGUIMENTO

O BNG esixe a mellora e acondicionamento da contorna do porto de Covelo

2023-04-09 10.33.43-GDS_3040-Marga Caldas
Marga Caldas
O BNG esixe a mellora e acondicionamento da contorna do porto de Covelo
Poio, 21 de agosto de 2024. O BNG vaise reunir en setembro coas asociacións e colectivos integrantes na Comisión de Seguimento dos Peirados de Raxó e Covelo (Samieira) para analizar o estado actual do proxecto de mellora e acondicionamento da contorna do porto de Covelo e instar de xeito conxunto á súa reactivación.

Lembrar que en 2009 asinouse un convenio entre Portos de Galiza e o Concello de Poio, que contemplaba un investimento de 1.500.000 euros para o porto de Covelo. Transcorrida máis dunha década, a única actuación realizada foi a reforma da ponte do Covelo, unha obra finalizada en 2016, e que non chega nin ao 5% do investimento comprometido. 

O acondicionamento do peirao do Covelo e a humanización da contorna urbana é imprescindíbel para recuperar un núcleo turístico e urbano de Poio. 

“Desde o BNG levamos presentando dende o 2010 emendas aos orzamentos da Xunta para que se acometa dunha vez un proxecto estratéxico para Poio como é a recuperación dos seus portos, entre eles o de Covelo. Pero, por desgraza o PP votou sempre en contra, e é hora de que todas e todos xuntos lle traslademos ao presidente de Portos de Galiza a necesidade de que, dunha vez por todas, se dea unha resposta ao que é unha demanda histórica da veciñanza de Samieira e de Poio”, afirmou a portavoz nacionalista, Marga Caldas

O BNG esixe a mellora e acondicionamento da contorna do porto de Covelo