Pontevedra segue a súa folla de ruta e seguirá loitando por unha ría libre de ENCE
Pontevedra, 31 de xullo de 2024. Trala inadmisión polo Tribunal Constitucional a trámite do recurso de amparo presentado pola Avogacía do Estado en contra da sentenza ditada polo Tribunal Supremo en febreiro do 2023 que lle permite a Ence continuar na ría de Pontevedra até o ano 2073, o Concello de Pontevedra lembra que aínda está en marcha o seu recurso e que "non mudou absolutamente nada para nós", seguindo as palabras da alcaldesa accidental, Eva Vilaverde.
A edil pontevedresa lembra que o recurso iniciado polo Concello de Pontevedra segue aínda o seu curso "e non temos ningún tipo de novidade ao respecto". "Seguimos adiante co noso recurso e seguiremos loitando para conseguir sacar a Ence da ría de Pontevedra por todos os medios que este Concello ten a súa disposición".