O BNG DENUNCIA UN PROCESO CHEO DE IRREGULARIDADES, DESDE AS BASES ATÉ O TRIBUNAL, E LEVARÁ O TEMA AO PARLAMENTO
O BNG esixe a anulación do concurso-oposición da praza de de bibliotecaria na Lama e pide que se volva convocar con criterios igualdade, transparencia e xustiza
A Lama, 18 de maio de 2023. O deputado do BNG, Luís Bará, acompañado polos candidatos á alcaldía de A Lama, Antonio Barreiro, Ponte Caldelas, Sol Seoane, Cerdedo-Cotobade, Ernesto Filgueira, e membros das candidaturas de Ponte Caldelas e Campo Lameiro, achegouse hoxe até o concello de A Lama, para denunciar o proceso viciado, pragado de irregularidades da convocatoria de praza de bibliotcaria na Lama, desde as bases, os exames e tribunal examinador.
Este cúmulo de irregularidade fai que o BNG pide a anulación de todo o procedemento e vai presentar o correspondente escrito no concello da Lama.
A maiores, suliña, o deputado nacionalista, “danse unha serie de circunstancia como que a persoa supostamente beneficiaria é o candidato do PP no concello de Ponte Caldelas”, polo que o BNG vai levar o tema ao Parlamento, pedindo explicacións sobre os contratos que esta persoa tn con concellos gobernados polo PP na comarca, como asesor e como responsábel de comunicación. A maiores o BNG vai preguntr se esa persoa ten contratos coa Xunta.
“O BNG vai pedir transparencia, luz e taquígrafos para acabar co enchufismo e o trato de favor, e que se garanta que as convocatoria das prazas se fagan en igualdade de condicións, con transparencia e con xustiza”, concluíu Luís Bará.
Pola súa banda, o candidato á alcaldía de A Lama, Antonio Barreiro, salientou que é un proceso pragado de irregularidades, dende as propias bases, onde temarios da parte xeral pasaron a específicos, pola composisicón do tribunal, onde moitos son coñecidos membros vinculados ao PP, e pola característica da persoa supostamente beneficiaria, que é o candidato desa forza política no concello de Ponte Caldelas.
Barreiro fixo fincapé tamén na falta de transparencia do concello de A Lama, ao borrar as bases da súa páxina web. Por todas estas irregularidades, pedimos a anulación do actual proceso e a convocatoria dun novo proceso selectivo transparente e que garanta a igualdade das persoas que concorran ao mesmo.