A SITUACIÓN DA SANIDADE PÚBLICA DE SOUTOMAIOR VOLVERÁ A SER ABORDADA NO PARLAMENTO GALEGO A INICIATIVA DO BNG

O BNG demanda no Parlamento Galego que se dote Soutomaior de máis médicos/as

2021-04-27 01.03.34-foto Manuel Lourenzo
O BNG demanda no Parlamento Galego que se dote Soutomaior de máis médicos/as

Soutomaior, 28 de abril de 2021. A situación da sanidade pública de Soutomaior volverá a ser abordada no Parlamento galego a iniciativa do BNG. O debate darase na Comisión 5 de Sanidade a iniciativa do portavoz municipal e deputado Manu Lourenzo. Esta foi rexistrada despois dos colapsos continuos que está a padecer a sanidade pública de Soutomaior nos últimos anos.

A situación da atención sanitaria de Soutomaior leva varios anos con problemas graves. A veciñanza do concello mobilizouse en varias ocasións para opoñerse ao desmantelamento da sanidade pública.

Soutomaior conta na actualidade con tan só 3 médicos para atender a máis de 7500 habitantes. Os cupos sanitarios superan os 2600 pacientes por sanitario.

Esta situación provoca retrasos habituais na atención primaria, e agrávase até o punto de producir colapsos cando o SERGAS non cubre as baixas dalgún dos médicos. Nesas ocasións, que se repiten varias veces ao longo do ano, as esperas para ter unha cita na atención primaria superen os 15 días. Isto impide na práctica o dereito á atención sanitaria que enferma, e deixa ao centro de saúde sen médicos para atender as urxencias.

O Portavoz Municipal do BNG Manu Lourenzo sinalou que “esixiremos no Parlamento, na rúa e onde sexa necesario que se dote a nosa sanidade pública dos médicos que precisamos. A nosa veciñanza non merece este trato, e dende o BNG non pararemos até que teñamos a sanidade pública que precisamos”.

O BNG demanda no Parlamento Galego que se dote Soutomaior de máis médicos/as