Barro pechou o 2021 cun investimento de case un millón euros e con case outro millón de superávit

Abraldes
Barro pechou o 2021 cun investimento de case un millón euros e con case outro millón de superávit

Barro, 25 de xaneiro de 2022. O Concello de Barro pechou outro exercicio económico en números positivos tras investir 987.870 euros ao longo de todo o 2021 en distintos proxectos.

Os datos da liquidación anual do orzamento municipal destacan un superávit de 919.294000 euros, dos cales 604.000 euros son fondos xa comprometidos do ano pasado en proxectos que xa están contratatos, en proceso de execución ou que aínda están en fase de redacción.

O goberno municipal síntese satisfeito cunhas cifras que avalan a boa xestión económica do concello e que lle permiten facer un gran esforzo económico en investimentos sen que a economía municipal se vexa afectada.

De cara ao exercicio do 2022 Barro seguirá coa mesma liña económica para sacarlle o maior rendemento posíbel ao diñeiro público mellorando os servizos e os bens municipais cunha política económica rigorosa na xestión.

Barro pechou o 2021 cun investimento de case un millón euros e con case outro millón de superávit