Arranxo do miradoiro sobre o río Lérez na avenida de Bos Aires
Pontvedra, 21 de febreiro de 2024. A Concellaría de servizos urbanos básicos, que xestiona Xaquín Moreda, realiza nestes días traballos de arranxo do miradoiro situado sobre o río Lérez na avenida de Bos Aires, á altura do antigo edificio de Maxisterio.
Neste punto existía unha tarima de madeira sobre un dos noiros do río que estaba moi frecuentemente pechada ao uso peonil porque resultaba esvaradiza e perigosa. Nos últimos tempos, o Concello detectou que, ademais, os piares que sostiñan parte do voadizo do miradoiro estaban deteriorados e tiñan que ser retirados.
Para abrir este espazo verde, o departamento de Servizos urbanos básicos optou por retirar todo o entarimado que estaba apodrecido e soportado sobre piares de madeira tamén perigosos, e acordou adecentar a zona coa colocación de xabre compactado e abrir o espazo ao río con varandas metálicas que permitan observar a lámina de auga.