Aprobado o convenio para reurbanizar a pasarela do tren en Doce de novembro que permitirá sacar o proxecto a contratación

Aprobado o convenio para reurbanizar a pasarela do tren en Doce de novembro que permitirá sacar o proxecto a contratación

Pontevedra, 31 de outubro de 2024. A Xunta de Goberno aprobou o convenio de colaboración coa Deputación para a reurbanización da pasarela sobre a vía do tren na rúa Doce de novembro cun investimento de 710.972 euros que executará o Concello. Esta aprobación permitirá ao Concello iniciar o proceso de licitación da obra. 

Ademais, aprobouse a resolucion do vello convenio coa Deputación sobre o By-pass de Rosalía de Castro que hai catro anos non puido ser executado “porque non tiñamos autorización de Costas. Obviamente caducou ese convenio e, por lo tanto, resólvese e iníciase a tramitación dun novo que implica un incremento da financiación que vai con cargo ao convenio da Diputación de 1.270.000 euros”. 

Finalmente, a Xunta de Goberno tamén aprobou a adxudicación á empresa API Movilidad o contrato de sinalización vertical e horizontal do Concello por un período de 4 anos máis un ano de prórroga. A adxudicación foi por 950.400 euros, cunha baixa do 24% ao respecto do prezo de licitación. 

Aprobado o convenio para reurbanizar a pasarela do tren en Doce de novembro que permitirá sacar o proxecto a contratación