ILLA DO COVO, DO 1 AO 3 DE NOVEMBRO

Pontevedra acolle o campionato de Europa de cicloclós

Pontevedra acolle o campionato de Europa de cicloclós

Pontevedra, 31 de outubro de 2024. Xa está todo preparado na Illa do Covo para a celebración esta fin de semana do Campionato de Europa de Ciclocrós,  unha cita deportiva de enorme relevancia internacional, que contará con máis de 300 participantes, e que fará da Illa do Covo un escenario único, espectacular e impresionante para deportistas e público. 

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores lembrou que é a primeira vez na historia deste tipo de campionato que a entrada é de balde, situándose ao carón do centro da cidade, e que continúa co obxectivo de pór a Pontevedra no mapa mundial do deporte a través da organización de grandes probas, logrando un desenvolvemento deportivo evidente, unha pegada na economía local e unha desestacionalización do turismo en toda a comarca. 

Entre os días 1 e 3 de novembro a Illa do Covo será escenario dunha das máis probas espectaculares e importantes do ciclismo internacional

Pola súa banda, o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz lembrou que este evento é a primeira vez que se celebra no estado español “nun sitio espectacular e nunha contorna impresionante”. “Non temos nada que envexarlle a outros países e lugares do mundo, a ningún estadio de ciclocrós. Rompemos esa tendencia de afastar o ciclocrós das cidades, téndoo aquí a cinco minutos do centro”, sinalou. 

O alcalde de Pontevedra amosou a súa ledicia e satisfacción ao ver transformada a cidade de Pontevedra “na capital de Europa do ciclocrós”. “O circuíto é impresionante grazas ao traballo de todas as persoas que forman parque deste evento, tanto municipais como externas. Temos a sorte de que o tempo acompaña e acompañará, o que deriva ou penso que derivará nun éxito absoluto”. 

“Para Pontevedra é unha proxección enorme. Trátase dun evento televisado e emitido a nivel internacional, abrindo camiños para futuras probas de máis envergadura”, concluíu. 

Pontevedra acolle o campionato de Europa de cicloclós