O alcalde de Pontevedra participará na mesa convocada polo Ministerio de Transición Ecolóxica para o traslado de ENCE
Pontevedra, 19 de abril de 2021. O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, acompañado polo director de urbanismo, Xosé Manuel Tato, asisitirá o vindeiro mércores, 21 de marzo ás 16h, á mesa de traballo convocada polo Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico, na que se abordará o traslado de Ence, coa intención de “reclamar formalmente a quen ten competencias no asunto, polo tanto o Ministerio e a Xunta, que tomen unha determinación sobre o traslado efectivo”.
A Portavoz do gobierno municipal, Anabel Gulías asegurou que o Concello leva intención de “escoitar con respecto a todas as partes pero mantendo firme a nosa posición de fai máis de vinte anos, que pasa polo traslado e a recuperación dos terreos para os veciños e as veciñas de Pontevedra”. A portavoz cualificou o traslado da fábrica como “unha necesidade imperiosa” e fixo referencia a tres motivos básicos. En primeiro lugar, citou a “calidade democrática” en relación “á concesión dunha prórroga fraudulenta concedida a Ence en tempo de desconto”, na que tamén mencionou “unha cuestión de equidade, porque esta factoría non pode ter un tratamento diferenciado do resto de empresas e industrias da nosa comarca, polo tanto por calidade democrática é necesario aclarar esta cuestión”.
Miguel Anxo Fenández Lores: reafirmaremos a posición do goberno municipal de trasladar a fábrica e recuperar os terreos para a veciñanza
En segundo lugar, situou a recuperación dos terreos públicos e lembrou que “o Concello de Pontevedra leva anos loitando non só polos terreos de Ence-Elnosa senón tamén por outros terreos que deben ser devoltos á cidadanía pontevedresa para o seu desfrute”. E por último, asegurou que se precisa “unha garantía de seguridade na contorna do noso Concello” e lembrou que “fai uns días asistiamos a un novo susto cando a propia Ence advertía dos níveis de mercurio que estaban atopando na descontaminación e no desmantelamento de Elnosa.” Sobre o punto da seguridade, incidiu en que “é necesario aclarar esta cuestión” e lembrou que “seguimos agardando as explicacións da Xunta de Galicia desas declaracións do CEO da empresa nas que falaba dun susto maiúsculo”.