O alcalde de Pontevedra condena o "xenocidio televisado" en Gaza e esixe medidas contundentes

O alcalde de Pontevedra condena o "xenocidio televisado" en Gaza e esixe medidas contundentes

Pontevedra, 19 de setembro de 2025. O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, manifestou hoxe a "máis enérxica repulsa" do Concello ante a situación que se vive en Gaza, cualificándoa sen ambaxes como un *"xenocidio", unha "masacre" e "unha aniquilación completa dun pobo enteiro"*. Durante a súa intervención nunha concentración cidadá, o rexedor denunciou o "asasinato de nenos e nenas, de persoas maiores, de persoas enfermas" que está a ser "diariamente televisado".

Fernández Lores amosouse especialmente crítico coa falta de resposta internacional, sinalando que lle parece "incrible que no século XXI" as institucións mundiais "non están actuando" ante esta barbarie. O alcalde falou dunha "impotencia xeralizada" e subliñou que *"non é asumible que no século XXI se estea producindo un xenocidio" desta magnitude.

Desde o ámbito institucional, o alcalde afirmou que o mínimo que pode facer o Concello de Pontevedra é "condenar enerxicamente esta masacre". Nesa liña, esixiu non só que se poña fin á violencia, senón que se tomen *"medidas contundentes, económicas, políticas e mesmo de apertura de procesos xudiciais" contra o "Sr. Netanyahu e o seu goberno", aos que acusou de cometer un "xenocidio absolutamente incalificable".

O alcalde advertiu sobre a responsabilidade histórica, afirmando que "dentro duns anos ou de meses nos botaremos as mans á cabeza porque non fomos capaces de parar este exterminio". Citou cifras que, segundo a ONU, poderían alcanzar os 600.000 falecidos contando os miles de cadáveres que fican baixo os entullos, e concluíu que esta situación é "unha vergonza para toda a humanidade".

Finalmente, Miguel Anxo Fernández Lores fixo un chamamento "a todas as persoas de ben, a todos os cidadáns que queren un mundo mellor, a que se manifesten para acabar con este senocidio televisado”.

Concentración diante do Concello contra o xenocidio
Concentración diante do Concello contra o xenocidio

Pola súa banda, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, presente na concentración esixíu a Rueda que rectifique e condene o xenocidio do pobo palestino a mans do Estado criminal de Ïsrael. Porque é “unha vergoña”, argumentou, que o presidente da Xunta boicotee a declaración institucional no Parlamento ou as propostas que buscan o posicionamento de Galiza como País contra o xenocidio en Gaza.  

Por iso, o BNG levará ao Pleno da semana que vén unha proposición non de lei para condenar “con rotundidade” o xenocidio. “Que máis ten que pasar para que actuemos con contundencia?”, preguntouse, para mais unha vez considerar unha “indignidade e unha inmoralidade” a posición da comunidade internacional permitindo o masacre do pobo palestino a mans do estado criminal de Israel.  

A portavoz nacional emprazou a todos os gobernos a “tomar nota da indignación cidadá” e a “actuar con contundencia fronte ao xenocidio”. “No BNG cremos que hai que romper todo tipo de relacións diplomáticas e económicas con Israel, que hai que illar a quen está cometendo ese xenocidio e que hai que tomar todos os medios necesarios para que se lle embarguen armas e para que a comunidade internacional actúe para frear este xenocidio”. “Todas as voces debémonos posicionar de maneira clara”, concluíu.

O alcalde de Pontevedra condena o "xenocidio televisado" en Gaza e esixe medidas contundentes