Abraldes reaxusta o goberno municipal despois da entrada de Adrián Silva e Andrea Pérez

Grupo municipal de Barro
Grupo municipal de Barro
Abraldes reaxusta o goberno municipal despois da entrada de Adrián Silva e Andrea Pérez

Barro, 10 de decembro de 2024. O alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes, reaxusta o reparto das delegacións do goberno municipal após a entrada no goberno de Adrián Silva e Andrea Pérez, en substitución de Roberto Rivas e Amelia Cancela, para adaptalo aos novos perfís e sacar un maior rendemento ás características de cada concelleiro e concelleira. 

Adrián Silva farase cargo das áreas de Cultura, Xuventude, Promoción Económica e Emprego e Andrea Pérez de Deporte e Medio Ambiente. As responsabilidades de Rocío Martínez e Iván Bello tamén se ven afectadas, quedando Rocío coa delegación de Sanidade e Servizos Sociais e Iván Bello como responsable de Obras de accesos a núcleos, Obras de seguridade viaria, Obras de accesibilidade, Patrimonio e Normalización lingüística. 

O resto de integrantes do goberno municipal non ven modificadas as súas áreas de traballo. 

Para Fernández Abraldes, que fai unha moi boa valoración do traballo do goberno municipal nesa primeira parte do mandato, estes axustes “veñen dados pola entrada de novas persoas no goberno e van permitir quitar un maior rendemento ás características e perfís de cada concelleiro e concelleira”. 

Abraldes reaxusta o goberno municipal despois da entrada de Adrián Silva e Andrea Pérez