Abraldes mostra o seu apoio aos bombeiros dos parques comarcais en folga
O alcalde de Barro, Xosé Manuel Fdez. Abraldes, reuniuse con representantes dos bombeiros dos parques comarcais que levan meses en folga. Durante o encontro informaron ao alcalde de cales son as súas reivindicacións, que van desde melloras no convenio colectivo, melloras en materia de seguridade, ampliacións de plantillas e outras melloras no servizo que están prestando. Tamén lle trasladaron que as persoas responsables do consorcio non se reúnen con eles para tratar as súas reivindicacións.
Abraldes trasladoulles o seu apoio a estas reivindicacións que considera xustas, pois desempeñan un servizo público fundamental para o conxunto da sociedade e é necesario que este servizo estea cuberto cos e coas profesionais suficientes e que dispoñan dos recursos tanto materiais como humanos necesarios para o desempeño do seu labor da mellor forma posible.