Contra o roubo do aforro galego
O anuncio que confirma a desaparición de Novagalicia Banco deixa ao descuberto as mentiras e incapacidade do Goberno do PP e de Núñez Feijoo.
Cartos públicos para vender Novagalicia Banco
Desgrazadamente o peor escenario vén de ser confirmado. Gliza perderá o único instrumento de seu, produto do aforro esforzado de xeracións de galegas e galegos para ser entregado, a custe cero e por riba con diñeiro público a maiores, a un banco privado sen arraigo na Galiza.
O desastroso final que se aveciña para NGB demostra o fiasco da política económica de Feijoo e do PP para Galiza. Os miles de millóns de diñeiro púbñlico para as entidades financieiras son sufragados con recortes sociais en servizos públicos básicos. A maiores, os bancos empregan ese diñeiro público para si mesmos, para as indemnizacións dos seus directivose manteñen pechado a cal e canto o crédito para as pequenas e medianas empresas e a maioría das familias.
Agora, co diñeiro dun rescate que pagamos todos e todas, NGB recibirá 5.425 millóns para ser vendida, co que finalmente eses cartos públicos irán a parar a un banco de fóra de Galiza.
A estafa das preferentes
Ademais, tamén levará de regalo miles de millóns de pequenos aforradores e aforradoras, aos que se lles expropiará sen dereito a protestar entre o 30 e o 70% do que depositaron, enganados, en participacións preferentes.
Despedimentos de traballador@s e peche de oficinas
Esa contribución que nos impoñen suporá, para máis agravio, tanto destrución de empregos como peche de servizos na Galiza. É inmoral que se dea diñeiro público coa condición de despedir a máis de 2.500 persoas que viven do seu traballo, así como pechar miles de oficinas que agravarán aínda máis o deterioro de servizos en moitos concellos e vilas rurais de Galiza.
Hai responsábeis políticos
Todo isto ten un responsábel: o Presidente da Xunta de Galiza, NúñezFeijoo, que prometeu unha caixa de aforros galega e solvente.
Non foi quen de mantela como caixa, e agora someténdose á política que o PP dita en Madrid, asiste incapaz e sen erguer a voz á entrega final de NGB a outra entidade financieira allea ao país. Feijoo consentíu o deseño feito polo Goberno centrl, tamén do PP, do Banco de España e da Unión Europea, encamiñado a destruír as pequenas entidades de aforro e reforzar o poder da grande banca privada.