Pontevedra recibe o premio internacional intermodes
O Concello de Pontevedra recibirá o vindeiro 6 de febreiro de 2013 o quinto Premio Intermodes, axencia europea especializada na intermodalidade de transportes e que traballa ao amparo da Unión Europea, no marco do Congreso Intermodes, que se celebrará no Auditorio Internacional de Bruxelas e que será inaugurado polo ministro de transportes da República de Irlanda, Leo Varadkar, coincidindo coa presidencia semestral de Irlanda na Unión Europea.
O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores deu a coñecer esta mañá a noticia, logo de que lle fora comunicada ao Concello na xornada de onte. Explicou que o obxecto do premio é a exemplar política intermodal de tranporte de pasaxeiros, especialmente quere recoñecer o Metrominuto o primeiro mapa pedestre en Europa a modo de transporte público".
O premio é un recoñecemento ao modelo urbano de Pontevedra
Fernández Lores recoñeceu que o premio é realmente un recoñecemento ao modelo urbano de Pontevedra porque os desprazamentos son basicamente peonís, e resulta todo un éxito para cidade e os pontevedreses recibir este gran premio internacional.
O alcalde destacou que a axencia Intermodes fai os seus propios estudos, e non houbo ningunha proposta, senón que o premio é o resultado da análise que fai a propia axencia europea, que resalta un proxecto ou unha actuación. É a primeira cidade que é premiada polo seu modelo urbano: pola accesibilidade, mobilidade peonil, seguranza viaria
Fernández Lores tamén lembrou que este premio é un recoñecemento de moitos anos, de moitos técnicos, de moitos políticos, de moitas persoas que axudan e axudaron a construír esta cidade, con amor a Pontevedra, unha cidade para todos, especialmente pensada para as persoas que teñen máis dificultade para desplazarse.
O alcalde de Pontevedra destacou que este recoñecemento debe ser motivo de orgullo para os pontevedreses. E é un estímulo máis para traballar nesta liña como até o de agora, concluíu Fernández Lores.
Unha cidade de Premio
Diversos recoñecementos públicos e sociais avalan a evolución que mantivo a cidade nos últimos anos, o que fala do éxito do modelo de transformación que está modernizando Pontevedra.
A reforma urbana e a transformación que a tantos niveis experimentou a cidade foi consecuencia dos cuantiosos recursos dedicados cada ano, en cada orzamento, a aumentar a calidade para conseguir que Pontevedra destaque como espazo urbano igualitario, integrador, solidario e xusto.
Os premios máis importantes fóron:
Premio Cidade de Pedra, outorgado pola Asociación de Graniteiros de Galiza, en recoñecemento á utilización da pedra no proceso de transformación da cidade, outorgándolle a esta materia prima un gran protagonismo no deseño e conformación dos espazos públicos.
Premio CERMI, outorgado pola Confederación Española de Persoas con Discapacidade, unha entidade que agrupa a todos os colectivos do Estado relacionados coa integración das persoas con discapacidade. O premio foi outorgado á mellor acción do Estado de Administracións Autonómicas ou Locais en favor da integración das persoas con discapacidade.
Premio da Fundación Amigos de Galiza, concedido ás numerosas actuacións municipais para mellorar a accesibilidade para todas e todos.
Premio Nacional da Cultura Galega 2008, no seu capítulo de Patrimonio Cultural, concedido pola Consellería de Cultura da Xunta de Galiza, polo enfoque global, sistémico, integral, de abordar a posta en valor do patrimonio, ademáis da intensidade, cantidade e velocidade das actuacións levadas a cabo desde 1999.
Premio Fesvial de Seguridade viaria 2010, otorgado ao Concello de Pontevedra na súa modalidade de seguridade viaria.
Premio Movilidad Segura 2010, da DGT, outorgado en Córdoba a principios de 2011 no marco do II Encontro de cidades organizado pola DGT.