O programa CONVIVE.COMigo busca en Pontevedra familias acolledoras de adolescentes con medidas xudiciais

O programa CONVIVE.COMigo busca en Pontevedra familias acolledoras de adolescentes con medidas xudiciais

Pontevedra, 26 de abril de 2024. O programa CONVIVE.COMigo da asociación Arela busca en Pontevedra persoas o familias dispostas a acoller temporalmente a adolescentes con medidas xudiciais en réxime aberto.

Estes/as adolescentes parten de dificultades na convivencia familiar e, tras ser denunciados/as por esta situación, o Xulgado de Menores valora que poidan mudar estes comportamentos través da súa integración temporal nun novo entorno de socialización positivo, que será aportado pola familia/persoa acolledora

A concelleira de Benestar Social, Anabel Gulías, acompañada do director de Arela, Julio Barreiro e a educadora social Eva Piñeiro, presentaron o programa, que o Concello de Pontevedra apoia dándolle visbilización e poñendo en valor o traballo de Arela a prol da infancia e adolescencia de Galicia en risco de exclusión, en situación de desprotección ou de conflito «Non é un traballo doado pero si moi gratificante» subliñou a concelleira Anabel Gulías, xa que «contribúe a des- estigmatizar a persoas novas que se equivocaron unha vez», dándolles unha nova oportunidade.

Anabel Gulías salienta a importancia dun proxecto que contribúe a desestigmatizar a persoas novas que se equivocaron

Julio Barreiro agradeceu a implicación do Concello de Pontevedra na visibilización do programa pois chegar ás persoas que poidan estar interesadas é un primeiro paso fundamental. CONVIVE.COMigo camiño ao lado das familias interesadas, é un programa de captación, valoración, formación e seguimento.

O programa tivo unha experiencia piloto no ano 2017 e xa ao ano seguinte púxose en marchas en varias localidades das provincias de Pontevedra e A Coruña. Hoxe en día son 5 os grupos familiares acolledores activos nos concellos de Vigo, Cangas, A Estrada e Padrón.

Dentro das medidas que establece a lei 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, está a de «convivencia con outra persoa, familia ou grupo» o que leva Arela a estar en contacto permanente co Xulgado de Menores.

A medida persegue a convivencia do/a adolescente noutro contexto familiar diferente a o de orixe, no que desenvolva as súas vivencias básicas e educativas.A medida persegue a convivencia do/a adolescente noutro contexto familiar diferente ao de orixe, no que desenvolva as súas vivencias básicas e educativas.

Asociación Arela, obxecto o desenvolvemento integral da infancia e da mocidade de Galicia en risco de exclusión, en situación de desprotección ou de conflito social, fomentado iniciativas de intervención e prevención nestas situacións, de calidade e normalizadoras, cun compromiso continuo pola xustiza social.

O programa CONVIVE.COMigo busca en Pontevedra familias acolledoras de adolescentes con medidas xudiciais