O Concello de Pontevedra pon en marcha distintas actuacións no rural por valor de un millón de euros
Pontevedra, 6 de maio de 2024. A concelleira de Rural, María José Abilleira, deu conta das distintas actuacións que se porán en marcha no rural pontevedrés, e que suman preto de 1 millón de euros de investimento municipal.
A edil explicou que ao longo dos últimos meses mantivo numerosas reunións, tanto cos colectivos veciñais das parroquias como con veciños e veciñas a título particular; accións que considera «fundamentais á hora de manter un contacto continuo coa veciñanza para darlles traslado directo das actuacións a realizar como tamén para coñecer as súas necesidades».
«Os veciños e as veciñas son as persoas que mellor coñecen as súas parroquias, son elas as que fan un seguimento constante e permanente das mesmas. Recoñezo que non podo estar máis satisfeita pola comunicación lograda estes últimos meses», sinalou.
Logo desta rolda de contactos, a edil deulles orde aos servizos técnicos do Concello de Pontevedra, máis en concreto ao departamento de obras no rural, para valorar e priorizar as actuacións que se levarán a cabo, especificadas a continuación:
- Reurbanización da Rúa San Cristovo, Lourizán
- Pavimentación da Rúa das Pereiras (A Parda)
- Asfaltado do barrio de Casaldarado, Lérez
- Asfaltado e canalización de pluviais no lugar do Outeiro, Lérez
- Ampliación e reasfaltado de pista na Ermida, Cerponzónss
- Pavimentación da pista no lugar de Pilarteiros, Sto. Andrés de Xeve
- Creación dunha ponte de madeira peonil no lugar de Os Fontáns, Sta. María de Xeve
- Acondicionamente do aparcadoiro do campo da festa de Marcón
A intención do Concello é licitar conxuntamente todas as actuacións co fin de simplificar os trámites necesarios para levalas a cabo. Ademais María Xosé Abilleira sinalou que os fondos para as mesmas serán incluídos na vindeira modificación de crédito.