O pavillón de Marcón poderá estar en uso a finais de xuño
06 maio 2024 - 11:10
Pontevedra, 6 de maio de 2024. Nunha visita ás obras que se están a acometer no pavillón de Marcón, a edil de Deportes, Anabel Gulías, anunciou que se prevé poida estar dispoñíbel para o seu uso a finais do mes de xuño.
O obxectivo desta actuación é “cumprir co compromiso de manter e mellorar as instalacións deportivas do municipio”.
Anabel Gulías lembrou que se están a priorizar aquelas instalacións con “maiores necesidades”, figurando o pavillón de Marcón entre as primeiras da lista.