O PP contra Poio e a Festa do Mar

Praza Chousa concertos
Praza Chousa concertos
O PP contra Poio e a Festa do Mar

Poio. 30 de marzo de 2017. O Alcalde de Poio, Nito Sobral, anunciou hoxe que noso compañeiro Xosé Luís Martínez vai ter que declarar nos xulgados por mor dunha denuncia do Partido Popular contra a Festa do Mar: “Que nos investiguen, que nos revisen, que nos miren até o derradeiro papel, non lles temos medo porque non temos nada que ocultar”.

O Alcalde continuou afirmando que o seu único interese foi, é e será traballar polas veciñas e polos veciños de Poio e por mellorar a súa calidade de vida, mais semella que Ángel Moldes e o PP hai xa tempo que decidiron levar a Poio as argucias coas que Telmo Martín fracasou en Pontevedra: ideas imposíbeis, calumnias e medias verdades para tentar manchar o nome de Poio e do seu alcalde, porque pensan que todo vale para ocuparen un posto que consideran seu.

Angel Moldes, un aprendiz de Telmo Martín

Esta denuncia do PP contra a Festa do mar e contra o Alcalde é, en realidade, unha denuncia contra Poio que só demostra que están moi nervosos vendo que converter a Ángel Moldes nun mal aprendiz de Telmo dá os mesmos froitos que lles deu en Pontevedra: ningún.

E están nervosos no PP porque non aturan que Nito Sobral sexa o alcalde grazas ao apoio e ao cariño das súas veciñas e veciños. Por iso o PP usou estes anos calquera artimaña, calquera trampa, calquera media verdade contra Nito, contra as persoas que fan parte do seu goberno e contra o BNG.

O PP está a atacar directamente aos sectores económicos máis importantes do concello

Até aí podíamos aturalos, mais desta vez pasáronse de freada. Sabemos quen son o PP de Correa, Bárcenas e Marcial Dorado, o PP de Louzán, Baltar e Murcia, sabemos das súas malas artes e sabemos que desta volta traspasaron unha liña que non estamos dispostos nen dispostas a aturar. Desta volta están atacando directamente aos sectores produtivos máis importantes de Poio: o mar, o marisqueo e o turismo. E iso si que non.

A Festa do Mar é un escaparate para os produtos que se producen no noso mar e que constitúen unha fonte de traballo e riqueza en Poio, na ría e na Galiza. Ela é unha actividade deseñada de xeito democrático e participativo entre o Concello, o sector do mar e todos quen xiran arredor del que, ademais, funciona moi ben e responde aos obxectivos que se formulan.

Precisamente foi esa participación de todos os sectores relacionados co mar quen conseguiron que a Festa remontase e se convertese nun referente a partir do ano 2014 e non deixase de medrar até agora mesmo. Contra iso vai a denuncia do PP, contra as novidades de deseño, xestión e execución da Festa do Mar que se introduciron a partir de 2014, é dicer, contra as políticas de apoio aos nosos principais sectores produtivos (mar e turismo) que realmente funcionan.

E iso si que non, o ataque a Poio e a Galiza non o aturamos. Que o vaian tendo ben clariño, que saiban que imos seguir a facer o que mellor sabemos: traballar por Galiza, por Poio e polos seus veciños e veciñas para termos todos e todas un futuro digno na Terra.