Un obradoiro ilustrado homeneaxará en Caldas a Luis Villalta

Un obradoiro ilustrado homeneaxará en Caldas a Luis Villalta

Caldas de Reis, 8 de maio de 2024. O Concello de Caldas, a través da Biblioteca Pública Municipal, súmase á homenaxe a Luísa Villalta co gallo das Letras Galegas e celebrará este venres día 10 ás seis da tarde un obradoiro ilustrado a cargo de Sheila García Prado dirixido a crianzas de máis de seis anos.

A rapazada utilizará a técnica do Zentangle (un método de debuxo con patróns abstractos) para elaborar traballos con tesoiras, papel, lapis de cores e moita imaxinación e achegar a nenas e nenos á escritora homenaxeada, destacada filóloga, escritora e violinista.

Entre outros datos farase fincapé coas crianzas en que o legado literario de Villalta abarca a poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaios e textos xornalísticos, e en que a súa esencia persoal e creativa era unha fusión, unha dobre pertenza á música e á poesía.

Ademais de con esta actividade, a Biblioteca tamén quere potenciar o coñecemento sobre a autora potenciando a lectura das súas obras. Para isto na entrada hai unha pequena mostra cos títulos a disposición do público tanto para lectura en sala como para préstamo.

Un obradoiro ilustrado homeneaxará en Caldas a Luis Villalta