O BNG CONVOCA UNHA MANIFESTACIÓN EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA PARA O 1 DE DECEMBRO

Novo colapso no centro de saúde de Arcade

Manu Lourenzo
Manu Lourenzo
Novo colapso no centro de saúde de Arcade

O centro de saúde de Arcade volveu sofrer un novo colapso despois de que o SERGAS se negase a cubrir a ausencia dun dos facultativos. Esta situación está a provocar que a listas de espera dos veciños de Arcade para ter unha cita se demoren ata os 10 días, ou que haxa veciños e veciñas que mesmo teñan problemas laborais por non teren médicos que lles asinen as baixas. 

O portavoz municipal do BNG Manu Lourenzo sinalou que “os veciños e veciñas de Soutomaior non merecen padecer esta situación vergoñenta da sanidade pública e responsabilizou ao PP de Soutomaior de actuar coma bonecos de ventrílocuo  dos seus xefes de Santiago, menores desde a Xunta se está a desmantelar a sanidade publica. 

Esta situación repítese varias veces cada ano, sinalou Manuel Lourenzo, porque somos un concello cuns cupos sanitarios absolutamente disparatados. Non pode ser que con 7300 habitantes teñamos 3 médicos cando concellos de veciños de 6000 habitantes teñen 4. É unha vergoña e unha irresponsabilidade que non imos tolerar.

Ante esta situación o BNG de Soutomaior ven de convocar unha manifestación en defensa da sanidade pública para o vindeiro domingo 1 de decembro. “Non imos quedar parados mentres desmantelan a nosa sanidade pública, e daremos a batalla en todos os frentes que haxa que dala.

O BNG o único grupo que presenta unha enmenda aos orzamentos para defender a sanidade de Soutomaior. 

O BNG de Soutomaior presentou o pasado venres 18, a través do seu grupo parlamentar unha enmenda aos orzamento da Xunta na que demandan máis médicos e persoal para sanitario para Soutomaior. 

O BNG foi o único grupo que presentou unha enmenda para atender as necesidades sanitarias de Soutomaior, e demandou ao PP local que esixa ao PP no Parlamento Galego que apoien a enmenda presentada polo BNG para defender a sanidade de Soutomaior.