O BNG ANUNCIA QUE SEGUIRÁ COAS MOBILIZACIÓNS ATA QUE SE RESOLVA A SITUACIÓN

O BNG convoca unha caravana de coches na defensa da sanidade pública de Soutomaior

Soutomaior viveu a súa mobilización máis numerosa en defensa da sanidade pública
Soutomaior viveu a súa mobilización máis numerosa en defensa da sanidade pública
O venres, día 6 de decembro, o BNG convoca unha caravana de coches en Soutomaior en defensa da sanidade pública e en protesta polo novo peche do consultorio de Soutomaior.
O BNG convoca unha caravana de coches na defensa da sanidade pública de Soutomaior

O BNG de Soutomaior fai un chamamento á toda a veciñanza para que participe este venres, día 6 de decembro na caravana de coches en defensa da sanidade pública e en protesta polo novo peche do consultorio de Soutomaior.

O consultorio de Soutomaior deixou de prestar servizo nestes días xa que o SERGAS novamente decidiu non cubrir as baixas dos médicos do concello. Este consultorio só pechou a súa atención en dúas ocasións na historia, e as dúas ocasións nos últimos 6 meses, obrigando aos veciños e veciñas de Soutomaior a ter que desprazarse a Arcade para ter atendión sanitaria, impedindo que os veciños de Arcade e Soutomaior poidan ter a atención sanitaria que merecen e poñendo de manifesto que “se nós non defendemos a sanidade pública asistiremos ao peche definitivo deste consultorio” Sinalou o portavoz municipal do BNG, Manu Lourenzo

Manu Lourenzo sinalou tamén que  "o feito de que 3 días despois de que o Concello de Soutomaior saíse á rúa masivamente, o o SERGAS volva a atacar deste xeito á veciñanza de Soutomaior é un acto de macarrería política do PP absolutamente intolerábel. Non imos permitir estas agresións nin este mamporreirismo coa nosa veciñanza. Se na Consellaría actúan así que teñan claro que terán cumprida resposta por parte do BNG e da veciñanza de Soutomaior”

Manu Lourenzo animou a toda a veciñanza a participar na caravana pola sanidade que saíra éste venres, 6 de decembro ás 12.00 horas de Salgueirón para entre todos loitar contra a privatización e o desmantelamento da sanidade pública de Soutomaior.

Multitudinaria manifestación en Arcade

Compre lembrar que o pasado domingo, perto de mil vecinos e veciñas convocadas polo BNG, manifestáronse en Soutomaior para demandar melloras para a sanidade pública, na que foi a manifestación máis multitudinaria de todas cantas se convocaron ata o de agora no municipio.

Ao longo do seu percorrido polo centro de Arcade, as persoas asistentes demandaron melloras para a sanidade pública do municipio, coreando lemas como “Sanidade pública!” “Pita, que hoxe non dan cita!” ou “Que poñan a Reguera na lista de espera!”. 

O portavoz municipal do BNG, Manu Lourenzo,sinalou na súa intevención que o caso de Soutomaior é un dos casos máis graves do país xa que aos recortes sanitarios que se están a dar en xeral, hai que engadir uns cupos sanitarios elevadísimos que provocan colapsos continuos. 

Pola súa banda, o deputado do BNG, Luís Bará, que tamén asisitiu á manifestación destacou que “o vindeiro día 17 o PP vai ter opción no Parlamento Galego de apoiar a enmenda do BNG para traer máis médicos para Soutomaior. Teñen unha ocasión de ouro para demostrar que se preocupan pola nosa sanidade... Pero votarán que non, porque o seu único compromiso é cos intereses privados”.

 

O BNG convoca unha caravana de coches na defensa da sanidade pública de Soutomaior