Caldas xa pensa no II "Trail Laxe dos Bolos" despois do éxito da I edición

Caldas xa pensa no II "Trail Laxe dos Bolos" despois do éxito da I edición

Pontevedra, 24 de abril de 2024. O éxito do I Trail Laxe dos Bolos de Caldas que tivo lugar o pasado domingo o mellor das estreas, cun ambiente inmellorable e unha excelente organización da man do Concello e da Federación Galega de Atletismo. Ademais, e como se pretendía, as case 250 persoas rexistradas acabaron convencidas da idoneidade do territorio para a práctica deste deporte e dixeron marcharse impactadas pola singular paisaxe e a acollida brindada pola veciñanza, que se congregou para ver a proba. 

Segundo explicou o tenente de alcalde Manuel Fariña, o balance foi máis que positivo, tanto polo bo desenvolvemento da proba como polo ambiente conseguido. "O bo tempo fixo que o percorrido fose cómodo, a xente está encantada e con ganas de repetir. E nós tamén. De feito, xa estamos a pensar na seguinte edición, onde introduciremos seguramente algunhas novidades", indicou o nacionalista, quen agradeceu o gran traballo de Policía Local, Protección Civil e o voluntariado involucrado nas probas. Insistiu na disposición inmediata da institución local para apoiar e empuxar este tipo de probas, que "nacen da vontade e esforzo da veciñanza e axudan á promoción do noso territorio". 

O tenente de alcalde subliñou que a proba deu moita vida á vila durante a fin de semana xa que se viu xente en moitas zonas do casco urbano, e tamén houbo participantes fixeron noite en Caldas, confirmando que este tipo de eventos deportivos teñen tirón para o turismo e moven a hostalería caldense. 

Caldas xa pensa no II "Trail Laxe dos Bolos" despois do éxito da I edición