Manu Lourenzo, candidato á alcaldía de Soutomaior

Manu Lourenzo, candidato á alcaldía de Soutomaior

manuSoutomaior 6 de febreiro de 2015. A asemblea local do BNG elixiu a Manu Lourenzo, como cabeza de cartel para as eleccións municipais do vindeiro maio. Trala renuncia do actual portavoz, Fernando Herrero, o grupo local decidiu por unanimidade que o edil Manu Lourenzo encabezase “unha candidatura para un cambio de goberno en Soutomaior, con moitas caras novas, formada e comprometida“

Manu Lourenzo ten 35 anos e é profesor de ensino secundario no IES Luís Seoane de Pontevedra. Dende moi novo empezou a militar no asociacionismo, na defensa da lingua, no movemento estudantil... Na actualidade ademais de concelleiro en Soutomaior é  tamén membro da executiva comarcal da CIG-Ensino e coordinador do EDLG no seu instituto.

Fernando Herrero pechará candidatura

Trala súa elección, Lourenzo quixo agradecer “a dedicación e  honestidade de Fernando e de tod@s @s compañeir@s do BNG en momentos tan difíciles” . Destacou que o traballo en equipo foi e será sempre o piar fundamental do BNG de Soutomaior, e que “o saberme arroupado por  todos vós, por tanta xente boa e xenerosa, fai que dar este paso sexa máis doado”

O BNG-asembleas abertas, que xa ten moi avanzada a candidatura, fará en Soutomaior unha aposta pola renovación, por un equipo de persoas, que sen ser necesariamente militantes do BNG, son referentes en moitos ámbitos da sociedade: dende  activistas da cultura, do traballo ou dos dereitos da muller; até o ecoloxismo, o asociacionismo ou o rural”. Os nacionalistas presentarán un proxecto de xente moza e moi formada “capaz de consolidar unha alternativa real, seria e honesta a un Partido Popular que tras 20 anos está máis preocupado de manter os seus privilexios que dos problemas dos veciños”.

Xa no remate da asemblea, Manu Lourenzo dirixiuse aos seus compañeiros  instándoos a “continuar traballando a reo.  Somos  un equipo de persoas libres, que non precisamos de ningún favor dos de sempre. E  por iso estamos aquí, porque temos un proxecto e porque cremos que é posíbel  gobernar doutro xeito. Así o facemos en Pontevedra e naqueles lugares onde temos responsabilidades de goberno e así podemos facelo en Soutomaior”.