Maite Tocino: “É o momento de reiniciar Pontecesures e sacalo da situación de decadencia e abandono na que se atopa”

Maite Tocino con Luís Bará, Cecialia Tarela, Iván Bello e Alberto Rivas
Maite Tocino con Luís Bará, Cecialia Tarela, Iván Bello e Alberto Rivas
Maite Tocino: “É o momento de reiniciar Pontecesures e sacalo da situación de decadencia e abandono na que se atopa”

Pontecesures, 27 de xaneiro de 2023. Maite Tocino Barreiro, encabezará a candidatura do BNG ás eleccións municipais en Pontecesures, logo de ser elexida por unanimidade na asemblea local.nacionalista. 

Maite Tocino é, en palabras do deputado e membro da Executiva Nacional, Luís Bará, “unha persoa comprometida oon Pontecesures, con gañas e experiencia de goberno, que conta cun proxecto ilusionante e de futuro e cun equipo con capacidade para solucionar os problemas do concello”. 

“Maite, sabe, ademais,, que que pode contar con toto o apoio e a experiencia de goberno do BNG tanto na comarca coma no país. Estou certo que coa súa capacidade de traballo, co seu equipo e cun proxecto de tanta envergadura, Maite será a próxima alcaldesa de Pontecesures”, afirmou Bará.

“Ilusionada e arroupada por un equipo fantástico”, así presentou a súa candidatura á alcaldía de Pontecesures, que co lema “Reiniciando Pontecesures”, aspira a coverterse na próxima alcaldesa da vila.

“Reiniciamos Pontecesures.desde a propia candidatura, que terá unha renovación moi importante, co obxectivo de reunir persoas con unha ampla visión dos problemas de Pontecesures, e con capacidade para buscarlles solucións”, afirmou.

Maite Tocino Barreiro
Maite Tocino Barreiro

Pero, fundamentalmente, “reiniciamos Pontecesures, porque é necesario e urxente sair da decadencia na que se atopa sumido o noso concello pola nefasta xestión do actual equipo de goberno”.

“Hai que empezar de cero en cultura, porque nos últimos anos, o noso concello quedou convertido nun páramo cultural”, sen unha programación estábel nin locais axeitados para desenvolvela. 

“Hai que empezar de cero en medio ambiente e saneamento, e o alcalde non pode estar falando de modificar a ordenanza de saneamento para permitir ás empresas enviar as augas residuais á depuradora municipal”, cando temos un vertido incontrolado no Telleiro e un proxecto de polígono que contempla a conexión á depuradora municipal das augas residuais das empresas que se asentan no mesmo.

“Hai que empezar de cero en urbanismo e patrimonio. porque calquera persoa que se dea unha volta por Pontecesures pode ver o estado ruinoso no que se atopan un elevado número de edificacións”, algunha de grande valor patrimonial. Hai que empezar de cero en educación, porque é feito que os noso centros educativos perden alumnado ano tras ano, en favor doutros concellos que ofrecen ás familias servizos que hoxe son fundamentais, e así poderiamos seguir con mocidade, con muller, con comercio e hostelaría ou coa limpeza, por poñer só uns exemplos.

Maite Tocino: “Desde o goberno municipal imos poñer todo o noso empeño, todo o noso traballo e todos os recursos necesarios para paralizar o proxecto do polígono industrial 

“Pero o que temos claro é que non hai nin que empezar de cero nin reiniciar é co proxecto de polígono industrial da Terroeira. Porque cando o BNG chegue ao goberno municipal imos poñer todo o noso empeño, todo o noso traballo e todos os recursos para paralizar o proxecto do polígono industrial”, afirmou a candidata nacionalista, que se mostrou convencida que a “zona de Redondo-Terroeira está chamada a ser unha zona residencial, verde e de ocio para todos os veciños e veciñas de Pontecesures”.

“Temos que reiniciar Pontecesures e devolver ao noso concello aos postos de saída, porque temos historia, cultura e os recursos suficientes para ser un concello de primeira”, concluíu Maite Tocino.

Maite Tocino: “É o momento de reiniciar Pontecesures e sacalo da situación de decadencia e abandono na que se atopa”