O Concello de Pontevedra pon as bandeiras a media hasta en repulsa polos crimenes de Israel contra a poboación palestina

pontevedra-solidariedade palestina-3
As bandeiras ondean a media hasta en solidariedade co pobo palestino e en repulsa polos crímenes cometidos polo Estado sionista
O Concello de Pontevedra pon as bandeiras a media hasta en repulsa polos crimenes de Israel contra a poboación palestina

As bandeiras do balcón do Concello de Pontevedra penduran desde hoxe a media hasta en solidariedade co pobo palestino.

A baixada das bandeiras coincidíu cunha concentración simbólica, de condena e repulsa pola masacre do Estado terrorista de Israel contra a poboación palestina, que causou máis de medio cento de mortes e miles de persoas feridas. 

Estamos, en palabras do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, diante “dun xenocidio lento e sistemático do pobo palestino por parte do Israel. O feito de trasladar a embaixada norteamericana a Xerusalén, rachando cun pacto historico de non tocar Xerusalén para poder avanzar nas negociacións de paz e cos acordos da ONU é unha toda unha provocación”. 

Ademais de condear os asesinatos de Estado e solidarizarse coas vítimas, Lores lamentou que “a Unión Europea e o Estado se poñan de lado diante deste xenocidio do pobo palestino”.

O Concello de Pontevedra pon as bandeiras a media hasta en repulsa polos crimenes de Israel contra a poboación palestina