O BNG leva ao Pleno de Poio a recuperación e mellora ambiental da praia de Cabeceira

Praia de Cabeceira
Praia de Cabeceira
O BNG leva ao Pleno de Poio a recuperación e mellora ambiental da praia de Cabeceira

Poio, 18 de abril de 2024. A tala de árbores realizada na praia de Cabeceira, realizada por motivos de seguridade,  seguindo as recomendacións dos  técnicos da Estación Fitopatolóxica de Areeiro, provocou un drástico cambio paisaxístico e medio ambiental, moi negativo para este areal que quedou en boa parte sen sombra. 

A Portavoz municipal do BNG afirmou que "para nós é fundamental recuperar e mellorar este espazo natural, e por iso presentamos unha moción para goberno municipal realice os trámites necesarios para proceder no menor prazo de tempo posíbel á mellora ambiental da praia da Cabeceira, coa prantación de especies autóctonas que doten de zonas de sombra ao areal".

Praia da cabeceira
O BNG leva ao Pleno de Poio a recuperación e mellora ambiental da praia de Cabeceira