O SERGAS CONTINÚA DETERIORANDO A ASISTENCIA SANITARIA EN POIO

O BNG exíxelle á Xunta que a atención sanitaria se dea no consultorio máis próximo á residencia

O BNG exíxelle á Xunta que a atención sanitaria se dea no consultorio máis próximo á residencia

O BNG leva moitos anos denunciando as deficiencias na sanidade pública no concello de Poio e demandando da Xunta que poña fin a este déficit, que converte a Poio nun dos concellos con piores datos sanitarios por habitante de toda Galiza.

A este déficit crónico engádeselle agora a redistribución unilateral que fixo o SERGAS dos consultorios médicos. Nun momento como este, no que é máis importante que nunca o fortalecemento da atención primaria, a Xunta do PP redistribúe os consultorios médicos, obrigando a moita xente a ter que desprazarse quilómetros para acceder á atención sanitaria básica, que antes tiñan á porta da casa. Compre lembrar, que moitos dos pacientes  afectados son persoas maiores, un grupo de risco que o que menos precisa é que se lle xeren dificuldades para acceder a un servizo tan básico e necesario como é a sanidade.

O BNG exíxelle a Feixóo que non discrimine aínda máis aos veciños e veciñas de Poio, e rectifique, fortalecendo a atención primaria e permitíndolle á veciñanza recibir unha atención sanitaria de calidade no consultorio máis próximo á súa residencia.

O BNG exíxelle á Xunta que a atención sanitaria se dea no consultorio máis próximo á residencia