TRÁTASE DUN DOS EVENTOS MÁIS IMPORTANTES DA CULTURA AUDIOVISUAL
Pontevedra acollerá os Premios Feroz en 2025 e 2026
Pontevedra, 8 de maio de 2024. Pontevedra será sede dos Premios Feroz nos anos 2025 e 2026. Os galardóns entregados pola Asociación de Informadores Cinematográficos de España deixarán unha pegada de enormes dimensións na cidade de Pontevedra, sendo este un dos eventos máis relevantes e populares dentro da industria cultural de todo o Estado.
O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores; xunto coa presidenta do colectivo, María Guerra; foron os responsábeis de anunciar a noticia de enorme calado xa non só para o municipio, senón para toda a comarca e o país, ao ser Pontevedra a primeira cidade galega en ser sede desta cita en toda a súa historia.
«Hoxe é un gran día para Pontevedra e para a súa veciñanza. Hoxe presentamos un novo evento que claramente mantén esa idea da que levamos tempo falando: cando queremos, somos capaces de todo», indicou o rexedor da cidade do Lérez. «Pontevedra será de novo vangarda e ollará ao futuro como epicentro de dinamismo, de cultura e de talento. Dalgún xeito, non o pecha, senón que agranda un círculo de traballo e de tecido dinámico que apoiamos e que seguiremos apoiando».
Os galardóns, entregados pola La Asociación de Informadores Cinematográficos de España, son uns dos máis populares e recoñecidos premios dentro da industria cultural estatal
Fernández Lores quixo lembrar e facer unha chiscadela a todo o tecido cultural que se dá na cidade, en concreto co sector audiovisual, tanto a través das produtoras de éxito internacional que habitan na mesma, a presenza de festivais con nome de seu, como Novos Cinemas; ou a existencia e simbiose da vila coa facultade Facultade de Comunicación Audiovisual da UVigo.
Doutra banda, tanto o alcalde como María Guerra, fíxose fincapé no encaixe deste evento dentro de Pontevedra, pois «encaixan en Pontevedra á perfección, ao achegaren cunha visión compartida que vai máis aló dos premios ou os galardóns, contemplando diversas experiencias en forma de obradoiros, proxeccións e outras actividades que serán reveladas no seu momento».
Miguel Anxo Fernández Lores: Hoxe é un gran día para Pontevedra e para a súa veciñanza, no que presentamos un novo evento que mantén esa idea da que levamos tempo falando: cando queremos, somos capaces de todo.
A presidenta da Asociación de Informadores Cinematográficos de España agradeceu «inmensamente á cidada de Pontevedra que nos convide a celebrar as ediciones 12a y 13a dos premios Feroz en 2025 y 2026». «Con este xesto, Pontevedra revalida a súa genuina condición de ciudade culta e complexa abierta ás voces dos artistas do audiovisual, que cada ano proxectan un novo imaxinario da nosa sociedade».
Os Feroz son uns premios con vocación itinerante, irreverente e rompedora, que en cada edición se ofrecen como punto de encontro para celebrar os logros artísticos, pero también un espacio de reflexión con la sociedad mesma.
A gala principal do evento será celebrada no Recinto Feiral o día 25 de xaneiro do ano 2025. Trátase dunha cita que achegará até Pontevedra a máis de 1.000 convidados e convidadas chegadas de todos os puntos da xeografía do Estado.