O BNG buscará o apoio da corporación de Caldas na defensa da Sanidade Pública

27-02-19-Manu Fariña-Web 48
Manuel Fariña
O BNG buscará o apoio da corporación de Caldas na defensa da Sanidade Pública

As veciñas e veciños de Caldas de Reis están especialmente preocupados pola situación e as perspectivas da sanidade pública, tanto no noso propio concello como na Área Sanitaria de Pontevedra, como consecuencia da política de desmantelamento e recortes que leva practicado a Xunta de Galiza durante os últimos tempos.

Así pois, ás interminables listas de agarda de ata catro semanas para a atención primaria que se teñen producido e denunciado no noso centro de saúde, á insuficiencia de espazos do mesmo que provoca que servizos sanitarios como a matrona se teñan que prestar fora do mesmo, ou á interminable cadea de escusas da Xunta de Galiza para non construír un novo centro de saúde que se leva reclamando no noso Concello dende hai décadas temos que sumar o caos que se está producindo nas urxencias do hospital de referencia, o Hospital de Montecelo.

Estas políticas levan a sanidade pública a un punto de difícil retorno se non as paramos entre todas e todos.

Dada esta situación, o BNG de Caldas de Reis defenderá no pleno da corporación municipal unha iniciativa para que o noso concello apoie a manifestación convocada por SOS Sanidade Pública o vindeiro 9 de febrero en Santiago de Compostela, se esixa o cese da política e desmantelamento e peche de servizos nos hospitais da nosa Área Sanitaria e se reduzan as listas de espera e os tempos de demora das consultas de atención hospitalaria, probas diagnósticas, cirurxía e procedementos terapéuticos.

“A política de recortes e desmantelamento da Sanidade Pública que está a practicar a Xunta do PP supón un ataque frontal contra dos dereitos e da saúde das veciñas e veciños de Caldas, e como tal merece un posicionamento claro por parte do pleno da corporación municipal” afirmou Manuel Fariña, ademáis continuou “dende o BNG apoiaremos e acudiremos á manifestación do vindeiro día 9 en Compostela para defender os dereitos das nosas veciñas e veciños”

O BNG buscará o apoio da corporación de Caldas na defensa da Sanidade Pública