O BNG acusa á alcaldesa de Moraña de despilfarrar e mentir

O BNG acusa á alcaldesa de Moraña de despilfarrar e mentir

Cando as necesidades dos veciños e veciñas de Moraña son cada vez máis acusadas, pola situación de grave crise económica e social á que nos conduce as políticas do PP, a alcaldesa fai deixación das súas funcións e limítase a recurrir á propaganda falsa e tendenciosa e a mentir.

Non é de recibo que, dous meses despois de anunciar a bombo e platillo un programa piloto de “aforro enexético” no que o Concello investíu 62.000 euros, haxa que suplementar a partida destinada ao gasto eléctrico en 35.000 euros, o que supón un aumento de case o 43%.

A factura eléctrica dispárase case un 43%, despois de investir 62.000 euros nun programa de aforro enerxético

35.000 euros que falta facían para programas sociais que axuden aos nosos veciños e veciñas nun contexto crítico, onde as políticas da Xunta e do Estado están a deteriorar os seus dereitos e a súa calidade de vida a pasos axigantados.

Por iso o BNG insta á alcaldesa a que abandone a súa política de falla absoluta de previsión, de recurso á propaganda tendenciosa e de desfilfarro e se adique a atender o realmente importante: as necesidades dos veciños e veciñas de Moraña.

O BNG acusa á alcaldesa de Moraña de despilfarrar e mentir