Adxudicada a reforma da EP-0505 entre a N-550 e a igrexa de Perdecanai (Barro)

Abraldes e Uxío Benítez
Abraldes e Uxío Benítez
Adxudicada a reforma da EP-0505 entre a N-550 e a igrexa de Perdecanai (Barro)

A Xunta de Goberno da Deputación aprobou a adxudicación á empresa Nexia das obras de pavimentación e dotación de servizos na estrada provincial EP-0505 entre a N-550 e a igrexa de Perdecanai, en Barro por valor de  422.909,91 euros.

A actuación na EP-0505 abranguerá a totalidade da vía (1,2 quilómetros) e vén a supoñer a mellora definitiva dunha estrada na que houbo diferentes fases de actuación durante os últimos dez anos por parte do anterior goberno provincial, que nunca rematou definitivamente a remodelación.

Co acordo entre o alcalde, Xosé Manuel Fernández Abraldes e o Deputado de Mobilidade, Uxío Benítez,  executarase un proxecto integral de urbanización e mellora de abastecemento, con pasos de peóns sobreelevados (catro), nova sinalización horizontal e vertical e a crearase un espazo de tránsito peonil e de bicicletas polo que poderán camiñar con seguridade os veciños e veciñas da zona. 

Unha vez rematen os traballos -o prazo de execución é de seis meses- a vía será transferida ao Concello. 

Esta obra realizarase grazas ao convenio asinado entre a Deputación e o Concello, no que se estableceu que o financiamento será ao 70%-30%.