Acordo unánime do Parlamento Galego para a reapertura de Aixola

Luís-Bará
Luís-Bará

O Parlamento Galego aprobou, por unanimidade, a Proposición Non de Lei presentada polo deputado do BNG, Luís Bará, para a reapertura inmediata do centro de formación Aixola, coa mesma oferta académica que tivo no curso 2016-2017, antes do seu peche.

 

Acordo unánime do Parlamento Galego para a reapertura de Aixola

A Comisión nº 8 de Pesca e Marisqueo aprobou esta mañá, por unanimidade, a Proposición Non de Lei presentada polo deputado do BNG, Luís Bará, para a reapertura inmediata do centro de formación Aixola, coa mesma oferta académica que tivo no curso 2016-2017, antes do seu peche.

O deputado nacionalista lembrou que se trata dun centro especializado e singular, ubicado no porto de Marín, que ofrece formación teórico-práctica encamiñada ao mercado laboral, con cursos de Composites, Madeira, Instalacións, Redes, Plásticos, Pneumáticas ou Velería, con grande saída laboral.

Dede o BNG non somos quen de enternder porque tanto da consellaría do Mar como de Emprego non conseguiron reabrir o centro desde o seu peche en xullo de 2017.

O BNG non aceptará rebaixas. Queremos que reabra Aixola, non unha versión reducida, unha Aixoliña

A representante do PP, García Míguez recurríu a excusas como problemas coa financiación dos fondos europeus ou a necesidade de facer un convenio entre a consellaría do Mar e de Emprego, pero isto non xustifica un periodo de tempo tan prolongado de peche do centro.

Luís Bará incidíu en que desde o BNG “non imos aceptar ningunha rebaixa nin ningunha proposta que signifique a creación dunha especie de Aixoliña, unha versión reducida da formación que tiña o centro no último ano no que se impartiron aulas”.

O deputado nacionalista reclamou da Xunta que non se esconda e compareza publicamente para dar toda a información, así como que poña na súa páxina web as previsións, o calendario e a oferta de cursos que vai haber,

Luís Bara sinalou tamén que chama moito a atención que no debate, a deputada do PP García Míguez dixera que nos orzamentos do ano 2020 ía unha partida de 180.000 euros para a reapertura da escola, cando os orzamentos aínda non chegaron ao Parlamento.

O BNG, anunciou Bará, seguirá vixiante para que o centro reabra as súas portas o antes posíbel.