1´5 millóns en obras no rural de Pontevedra até final de ano

Mapa das actuacións en marcha no rural de Pontevedra
Mapa das actuacións en marcha no rural de Pontevedra

O Concello de Pontevedra invistirá arredor de 1,5 millóns de euros en até 27 obras no rural que estarán rematadas co inverno. As actuacións previstas inclúen obras de saneamento, reformas e arranxos de estradas e vías secundarias, conexións de lugares e peonís ou de calmado de tráfico.

1´5 millóns en obras no rural de Pontevedra até final de ano

O Concello de Pontevedra invistirá arredor de 1,5 millóns de euros en até 27 obras no rural que estarán rematadas co inverno. As actuacións previstas inclúen obras de saneamento, reformas e arranxos de estradas e vías secundarias, conexións de lugares e peonís ou de calmado de tráfico.

Son dez as parroquias beneficiarias destas obras: Campañó, Cerponzóns, Bora, Mourente, Marcón, Tomeza, Salcedo, Lourizán, Ponte Sampaio e A Canicouva.

O concelleiro coordinador do Rural, Demetrio Gómez, cualifica este feixe de obras de “exemplo de participación e democracia”, xa que son actuacións consensuadas nos distintos consellos parroquiais coas asociacións e veciñanza de cada unha delas e subliñaba a “complexidade” da súa posta en marcha.

Primeiro houbo que localizar e definir as necesidades de cada lugar, despois estudar a dispoñibilidade orzamentaria, a continuación os servizos técnicos municipais avaliaron a demanda, deseñaron o proxecto e fixeron a contratación e agora é o tempo do traballo das empresas.

O custe das obras previstas, en números redondos, vai dende os 30.000 aos 60.000 euros.

Demetrio Gómez puxo exemplos das distintas actuacións que se van a acometer. No caso do saneamento -“pechar a rede é unha prioridade para nós”- está a obra de Tilve (Cerponzóns) -Sabarís (Campañó). Se falamos de conexión de vías entre lugares está a de Cabanas-Matalobos ou Vilar-O Rañadoiro e se o tema son os calmados de tráfico están previstas, entre outras, actuacións e O Pobo (Tomeza), Os Areais, A Carballeira (Salcedo), O Costado (Mourente) ou A Ría de Abaixo (Marcón). E exemplos de conexións peonís son a que unirá Salcedo-Tomeza- parque de Os Gafos ou o do camiño escolar A Fontaíña-Ponte Sampaio.

Listaxe de obras.

• Calmado de tráfico no Pobo

• Saneamento en Sabarís

• Reforma interior de Changa

• Camiño escolar na Fontaíña

• Calmado de tráfico no Carballeira

• Asfaltado no Cunchido

• Asfaltado en Pidre e A Fonteiriña

• Asfaltado das Pombas

• Saneamento en Tilve

• Reforma e interior en Rorís e Lourizán

• Conexión Cabanas-Matalobos

• Calmado de tráfico na Ría de Abaixo

• Asfaltados na Ruibal e A Torre

• Asfaltado interior en Matalobos

• Asfaltado en Cachapal

• Arranxo do firme no Vigario

• Arranxo da estrada O Vilar- O Rañadoiro

• Saneamento no Ramallás

• Rehabilitación camiño na Amiúza

• Conexión peonil Salcedo-Tomeza-Parque dos Gafos

• Calmado de tráfico no Pobo

• Calmado de tráfico na Carballeira (Salcedo)

• Asfaltado na Barca

• Asfaltado do Outeiro

• Asfaltado das Chans

• Arranxo da estrada Xustáns-Ponte Sampaio