O BNG demanda á Xunta corrección das deficiencias na reforma da PO-308 en Poio
O deputado nacionalista Luís Bará pregunta a goberno galego como e en que prazo prevé arranxar as deficiencias denunciadas polo Concello e a veciñanza en Raxó
O deputado nacionalista Luís Bará pregunta a goberno galego como e en que prazo prevé arranxar as deficiencias denunciadas polo Concello e a veciñanza en Raxó
Poio, 3 de maio de 2020.- A concelleira de Seguridade Cidadá e responsable da Comisión de Emerxencias do Covid-19, Marga Caldas, insta ao Partido Popular de Poio a que actúe “dunha vez” como “unha oposición seria e responsable” a raíz das críticas realizadas polos ‘populares’ sobre cuestións como o reparto de mascarillas entre a poboación.
Cómpre lembrar que o Concello de Poio está a realizar este reparto, dando prioridade a grupos de risco, persoas maiores e persoal máis exposto, a pesar de tratarse dunha responsabilidade da Xunta de Galiza e, tamén, do Estado, que se reservou o "mando único" para a sanidade no que ten a ver co COVID-19. “Nestes días toca arrimar o ombreiro para salvarmos vidas e protexer a saúde, pero a veciñanza de Poio vese na obriga de soportar unha oposición que o único que busca é xerar confusión e malestar. Se non queren colaborar, alá eles, pero, polo menos, que non molesten a quen está a traballar”, indica Caldas.
A concelleira de Seguridade Cidadá garante que “imos seguir traballando como ata o de agora en favor do Benestar dos nosos veciños e estamos a disposición da Xunta e do Estado para colaborar en todo o que faga falla”. Neste sentido, Caldas Moreira non oculta a súa sorpresa polo xeito de proceder do grupo municipal do Partido Popular. “O que está a acontecer en Poio é algo inaudito. Son a única oposición que, na situación na que nos atopamos, ten como principal obxectivo desgastar ao Goberno local e obter non se sabe que rédito político, a base de xerar desconcerto entre os cidadáns. Somos o único municipio da provincia de Pontevedra na que está a ocorrer isto. Aínda que só sexa por unha vez o PP local debería tomar exemplo doutros concellos, mesmo de compañeiros seus, que, sendo tamén oposición, centran os seus esforzos en sumar, en colaborar para superarmos esta crise que é a peor que lembramos".
O BNG non vai permitir nas institucións nas que estea presente, no Parlamento galego ou onde sexa, a consolidación de Ence 60 anos máis de permanencia na ría aproveitándose de terreos que son de todos e todas.
O candidato do BNG ás eleccións galegas destacou, diante de emprendedores de Poio, a necesidade dunha banca pública que dea facilidades e dunha fiscalidade que non asfixie ás novas empresas