O BNG propón que o Parlamento presente recurso ante o TC por ser a AP-9 un asunto de país
O BNG fai un chamamento a concellos e deputacións para que presionen ao Goberno central despois de que 42 concellos se posicionasen favor da transferencia
Esiximos unha AP-9 galega e sen peaxes
O deputado do BNG Luís Bará, nunha Casa da Luz ateigada, expuxo as razóns que nos levan a reclamar a transferencia inmediata da AP-9 para Galiza e a supresión das peaxes.
AP-9: unha nova aldraxe a Galiza !
A Portavoz Nacional do BNG, Ana Pontón, cualificou de “indigna tomadura de pelo” para Galiza que o Goberno de Rajoy en funcións pretenda vetar no Congreso o debate sobre a transferencia da AP-9 solicitada polo Parlamento galego a través dunha lei aprobada por unanimidade a proposta do BNG.
Luís Bará: "A AP-9 debe estar xestionada desde Galiza"
O candidato do BNG pola provincia de Pontevedra, Luís Bará, asegurou en Moraña que a AP-9 debe estar xestionada dende Galiza. Bará participou no mitin celebrado na Casa da Cultura ‘Castelao’ e reivindicou a transferencia desta infraestrutura, da que depende a mobilidade de millóns de galegos e galegas, para que deixen de pagar as peaxes máis caras do Estado.