A Zona Franca e o Concello de Pontevedra estudian a posta en marcha dun Centro de Negocios e Emprendemento

Reunión Zona Franca
Reunión Zona Franca
A Zona Franca e o Concello de Pontevedra estudian a posta en marcha dun Centro de Negocios e Emprendemento

Pontevedra, 2 de decembro de 2025. A construción dun futuro Centro de Negocios e Emprendemento en Pontevedra e o estudio de diferentes alternativas para a ampliación do solo empresarial na cidade foron os dous temas de fondo no encontro que mantiveron este martes o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e o delegado especial do Estado da Zona Franca de Vigo, David Regades. 

Na reunión celebrada na sede do Consorcio en Vigo, ambos os dous dirixentes, acompañados pola concelleira de Promoción Económica de Pontevedra, Anabel Gulías, e a directora de Proxectos de Zona Franca, Laura Rivas, afianzaron o obxectivo común de poñer en marcha un novo Centro de Negocios e Emprendemento, que se iniciará coa procura de posibles localizacións, proceso que levará a cabo no primeiro trimestre do vindeiro ano. Primarase o carácter urbano e céntrico para a súa ubicación, a fin de que estea integrado na dinámica empresarial e social da cidade, dando resposta á demanda actual.

O plantexamento é que o novo Centro, que estaría ligado á Universidade de Vigo e as súas especializacións, poida ser destinado a toda a cadea empresarial, dotado de espazos de incubación para que as ideas transfórmense en startups que poidan crecer, aceleradoras para acompañarllas no proceso de desenvolvemento e instalacións tanto para a ubicación de empresas como áreas de networking. O Centro, que tamén disporía de salas multiusos, xurdiría como un efecto tractor para a xeración de riqueza e impulso do emprego e seguiría o modelo de éxito que a Zona Franca leva anos traballando neste tipo de instalacións.

Tanto Miguel Fernández Lores coma David Regades compartiron tamén o interese por abordar as posibilidades de ampliación do solo empresarial en Pontevedra. O delegado do Estado na Zona Franca e o alcalde fixeron un repaso das dotacións existentes na cidade do Lérez e confirmaron que se fará un estudo das posibles alternativas susceptibles de ampliación para despois, una vez ubicadas, aprobar un plan de viabilidade así como o seu desenvolvemento.

A Zona Franca e o Concello de Pontevedra estudian a posta en marcha dun Centro de Negocios e Emprendemento