A Zona de Baixas Emisións de Pontevedra, a única que non discrimina por renda
O Concello de Pontevedra vén de recibir a autorización da Dirección Xeral de Tráfico (DXT) para a instalación do sinal de zona de baixas emisións proposta polo Concello de Pontevedra.
O sinal colocarase o antes posible, afirmou César Mosquera, quen recordou que se colocarán os mínimos que sexan necesarios para non encher toda a cidade. Tamén recordou que o Concello ten a obriga legal de colocar estes sinais pero na práctica non suporá cambio ningún para os condutores porque “Pontevedra xa é unha zona de baixas emisións”.
Diante das ridículas declaracións de Domínguez sobre hipotéticas sancións por circular por Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, declarou evidencias que o PP nunca acreditou no modelo urbano de Pontevedra.
"Non imos modificar o que existe agora", asegurou Fernández Lores, que reiterou que se poderá ir a todos os sitios incluídos nesta zona de baixas emisións sempre que sexa necesario, algo que segundo lembrou funciona xa desde hai tempo sen problemas. Non imos cobrar a ninguén por entrar en Pontevedra.
O Pontevedra o único modelo do estado que non discrimina por renda
Lores lembrou que se alguén quería cobrar por entrar en Pontevedra era o señor Domínguez que, defendía calquera das outras dúas opcións, que implicarían multar aos coches que circulasen sen ecoetiqueta ou, no seu caso, implantar unha taxa por entrar na cidade.
Un sistema operativo e eficaz
Todos os métodos para delimitar as zonas de baixas emisións contan con cámaras. A única diferencia é que nos métodos propostos polo PP, as cámaras están para controlar e multar, e no de Pontevedra para analizar os fluxos de tráfico "e seguir traballando na diminución dos que non son necesarios".
A zona de baixas emisións está baseada na necesidade de evitar os chamados tráficos de axitación e os tráficos de paso "que son os que cruzan a cidade sen parar nela", algo que está limitado pola creación de "bucles" que impiden atravesala de lado a lado.