19 DE ABRIL
XVII Encontro de Mulleres de Soutomaior
Soutomaior, 5 de marzo de 2026. A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Rosana Martínez, a concelleira de Promoción Económica, Rosana Comesaña e a concelleira de Asociacións, Charo Bouzón presentaron o XVII Encontro de Mulleres, unha cita que ten como obxectivo fomentar a convivencia e o empoderamento entre as mulleres do municipio. Un evento que terá lugar o domingo 19 de abril na Guarda, Tui e Valença.
Esta actividade conta con financiamento municipal e as mulleres que desexen asistir terán que pagar unha parte: 20 euros as empadroadas en Soutomaior e de 25 euros para as non empadroadas. Este prezoinclúe todas as actividades e traslados organizados durante toda a xornada deste encontro. As inscricións xa están abertas en https://soutomaior.gal/produto/encontro-de-mulleres-a-garda/ e estarán abertas ata o 26 de marzo ás 14:00h. Todas as mulleres que o desexen contarán coa axuda para dita inscricións de xeito presencial no concello e no Multiúsos en horario de 9:00 a 14:00h.
Así, deste modo, para o Encontro do 19 de abril o autobús sairá ás 9:00h. do concello e ás 9:10h. do cruce de Pierres, en Arcade. Unha vez chegadas á Guarda as asistentes terán unha visita guiada por este fermoso pobo do Baixo Miño.
Trala actividade de maña terá lugar a comida no Cruceiro do Monte, en Tui, e unha vez finalizado o xantar a actividade da tarde trasladarase a unha visita pola fortaleza de Valença.
O regreso deste encontro será sobre ás 19:30h. dende Valença coa chegada ao concello en torno ás 21:00h.