Soutomaior presenta as obras de mellora e asfaltado no Camiño Muradella, en Comboa

Manu Lourenzo visitando o Camiño da Muradella
Manu Lourenzo visitando o Camiño da Muradella
Soutomaior presenta as obras de mellora e asfaltado no Camiño Muradella, en Comboa

Soutomaior, 4 de marzo de 2026. Máis de 300 metros de asfaltado levaranse a cabo no Camiño Muradella, en Comboa. Un proxecto que contará cun investimento de máis de 40 mil euros financiado. 

Estes traballos, de mellora e asfaltado do Camiño Muradella, teñen como obxectivo principal dar servizo ás vivendas e humanizar o núcleo de casas que hai nesta zona do barrio de Comboa. 

-mapa co asfaltado en Comboa
-mapa co asfaltado en Comboa

O alcalde, Manu Lourenzo, visitou o Camiño da Muradella e sinalou que “os barrios de Soutomaior nunca contaron co nivel de investimento levado a cabo nos últimos 2 anos. A esta obra temos que sumarlle a obra do concello, actualmente en marcha, a obra do Val–Sobral, recén rematada, a obra dos camiños de Aranza e, tamén, outros traballos que se levarán noutros barrios de Soutomaior e que anunciaremos nas vindeiras semanas”.

O alcalde lembrou que “un dos obxectivos estratéxicos do Goberno de Soutomaior desde o comezo do mandato é levar a cabo a transformación rural e urbana do noso concello para mellorar a vida da veciñanza”. 

 

Soutomaior presenta as obras de mellora e asfaltado no Camiño Muradella, en Comboa