A Xunta do PP incumpre os seus propios protocolos na xestión da alerta por cianobacterias no Umia
Caldas, 31 de maio de 2022. O encoro do Umia rexistra dende o pasado 16 de maio concentracións de cianobacterias por enriba das 2.000 cel/ml, cifra que segundo os protocolos da propia Xunta de Galiza son os que establecen que se decrete a alerta de contaminación por cianobacterias.
Este feito ben a demostrar que a Xunta do Partido Popular non toma en serio un problema que, lonxe de remitir vai a peor cada ano. “A Xunta do PP debería explicarlle aos veciños e veciñas por qué motivo agocha a contaminación do Umia incumprindo os seus propios protocolos” sinalou Manuel Fariña.
A Xunta converteu o Umia nun sumidoiro de fondos públicos anunciando medidas cosméticas que nunca resolven ningún problema e que teñen o único obxectivo de lavarlle a cara a quen construiu o encoro contra a vontade das veciñas e veciños de Caldas