O Xardín Botánico e a Carballeira de Caldas de Reis reabren ao público cunha gran festa

O Xardín Botánico e a Carballeira de Caldas de Reis reabren ao público cunha gran festa

Caldas, 1 de xuño de 2026. O Xardín Botánico e a Carballeira de Caldas de Reis abríu o sábado 30 para todo o público cunha gran festa de inauguración que durante máis de 12 horas estivo cargada de actos para que a veciñanza coñecese de primeira man todo o traballo que se levou a cabo nas obras dos últimos meses e onde non faltou a música e os xogos para toda a familia.

Durante toda a mañá unha carpa estivo instalada no paseo de Román López, xusto na entrada do Botánico, onde se informaba a todos os que se achegaban ata alí de todas as obras levadas a cabo no Botánico e na Carballeira de Caldas de Reis e do proceso de revitalización e coidado ao que se someteu o xardín.. Visitas guiadas, charlas informativas e ata unha xincana para os máis pequenos foron as actividades máis concurridas polos veciños e veciñas e por todos os turistas e curiosos que por alí pasaban.

Chegada xa a tardiña a Banda Municipal de Música de Caldas de Reis celebrou un concerto no renovado palco do Paseo dos Choróns para acompañar e animar coa súa música a todos os que estaban alí presentes.

Ao seu remate foi a hora do esperado «videomapping» nocturno, un espectáculo audiovisual nocturno no Paseo dos Plátanos. A luz, as copas das árbores e o chan crearon unha atmosfera envolvente que atrapa ao visitante. O «videomapping» estará dispoñible en horario nocturno todos os días, porque, como indicou o Tenente de Alcalde, Manuel Fariña, na súa primeira proxección “o novo Botánico de Caldas é un Museo Aberto 24/7 que ofrece novas formas de vivir o patrimonio”.

O Xardín Botánico e a Carballeira de Caldas de Reis reabren ao público cunha gran festa